jueves, 21 de enero de 2010

As RedEs SoCiAiS

Ola.

Nesta primeira primeira práctica do 2010 vou espoñer a miña forma de ver as redes sociais. Eu case a diario utilizo "tuenti"
, antigamente era "photolog" pero foi desbancado por "tuenti"devido as suas multiples posibilidades.

Principalmente decir que eu nn estou a favor deste tipo de sistemas de comunicación.Pero como todo ten cousas boas e cousas malas.
Expoñerei os seguintes aspectos baixo a miña experiencia en "tuenti"

Cousas malas:

En parte por que se crea unha figura que denomino "amigo do tuenti" é algo asi como unha amizade ficticia. Isto quere decir
que polo tuenti todo son rosas,pero unha vez o ves pola rúa ninsequera o miras x que so o coñeces do tuenti...
A pesar de todo este aspecto e como unha cuestion mais que nada persoal,seria o aspecto menos negativo do tuenti...


-Un punto moi importante e a quen van dirixidas estas redes,xa que calquera tipo de persoa ten facil acceso.
Isto implica que calquera tipo de persoa pode entrar no teu tuenti.

-As imaxes e videos publicados amiudo violan as leis de dereitos de autor.

- E un medio de acoso entre adolescentes,xa que pode ser usado para : insultar,ameazar,ou agredir psicoloxicamente.

-A libre circulacion de imaxes fai que se poidan ver dende fotos con contido pedófilo ata violento,sexual,repugnante,odioso...
Isto engloba dende as fotos dunha rapaza de 14 anos en roupa interior, como en posicións de descaro e bastas para a súa idade.
Ata verdaderias atrocidades como amputacions ou verdadeiros asasinatos.

-Deronse xa multiples casos de substración dos contrasinais de acceso a estas contas. Isto pode repercutir multiples problemas a persoa
que dou nome a conta substraida e a destrucción de todolos datos nela inscritos.


Cousas boas:

-Permiten e favorecen todo tipo de comunicación escrita a distancia.

-Expacio de ocio con multiples opcións de uso.

-Podes privatizalo e restrinxir o acceso as persoas que so ti consideres aptas para o teu entorno.

-Conten un minichat interno que e incluso mais efectivo que o "Windows Live Messenger".



En resumidas contas,devería ser reestructurado para pulir estas pequenas imperfeccións dou producto.

Un saudo

martes, 15 de diciembre de 2009

Congrio:(Conger Conger)l


O Congrio e un peixe que adoita ser de gran tamaño,pode chegar a superalos 3 metros de lonxitude,aínda que o seu tamaño habitual adoita ser de 1´5 metros.Ten un corpo extremadamente duro e capaz de desenrolar unha gran forza.Con corpo cilíndrico,similar o dunha serpe,o congrio conta cunha apertura branquial en forma de rendixa. Carece de aletas ventrais pero dispón de aletas pectorais.A aleta dorsal,caudal e anal reúnense formando unha crista que comeza nas aletas pectorais e remata a poucos centímetros da cola.

Ten unha cabeza grande, con ollos redondos e grandes,e unha potente queixada capaz de subcionarlle un brazo a un pescador inexperto.
Vive nos fondos rochosos e areosos de calquera ría galega onde se esconde en gretas a diferentes profundidades do noso litoral. É un depredador de hábitos nocturnos,que se alimenta de crustáceos,calamares e pequenos peixes.
Poden efectuar grandes postas de ovos,o número ronda dende os 6 ata os 8 millóns de ovos.