
O Congrio e un peixe que adoita ser de gran tamaño,pode chegar a superalos 3 metros de lonxitude,aínda que o seu tamaño habitual adoita ser de 1´5 metros.Ten un corpo extremadamente duro e capaz de desenrolar unha gran forza.Con corpo cilíndrico,similar o dunha serpe,o congrio conta cunha apertura branquial en forma de rendixa. Carece de aletas ventrais pero dispón de aletas pectorais.A aleta dorsal,caudal e anal reúnense formando unha crista que comeza nas aletas pectorais e remata a poucos centímetros da cola.
Ten unha cabeza grande, con ollos redondos e grandes,e unha potente queixada capaz de subcionarlle un brazo a un pescador inexperto.
Vive nos fondos rochosos e areosos de calquera ría galega onde se esconde en gretas a diferentes profundidades do noso litoral. É un depredador de hábitos nocturnos,que se alimenta de crustáceos,calamares e pequenos peixes.
Poden efectuar grandes postas de ovos,o número ronda dende os 6 ata os 8 millóns de ovos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario